martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES
O martes 23 de abril celébrase o Día do libro. Como ven  sendo habitual nestes últimos anos fixemos a actividade: "Apadriñamentos lectores" que no noso cole vai seguida dunha manualidade relacionada co tema do noso proxecto.
Este ano tocou chuvia, asi que estivemos dentro do edificio escolar.
Foi unha xornada de compartir un tempo de lectura e colaborar pequenos con maiores na que todos e todas disfrutaron.





lunes, 15 de abril de 2019

VISITA DE IAGO LÓPEZ
O escritor Iago lópez visitou a nosa biblioteca. O alumnado de 1º e 2º lera os seus libros: "O cociñeiro Martiño" e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Vestido de cociñeiro realizou unha sesión de contacontos, baseada nestes libros, e na que os nenos e nenas tamén participaron dramatizando partes do relato.


viernes, 12 de abril de 2019

BOLETÍN E GUÍA DO 2º TRIMESTRE



jueves, 11 de abril de 2019

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.
REDONDELA FAI DEPORTE
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Este curso celebramos esta data xa que está directamente relacionada coa temática do noso proxecto: A saúde é a nosa meta.
Todos os grupos pasaron pola biblioteca para coñecer os novos libros relacionados co proxecto. Coñeceron e comentaron o mural: Redondela Fai deporte. Nel aparecen clubes e asociación que organizan actividades deportivas no noso concello. Pretendemos divulgar e achegar información sobre os distintos deportes que poden practicar en Redondela. 

Cada grupo creou un eslogan animando a practicar deporte. Con eles creamos carteis que se exporán no ximnasio do centro.
Tamén elaboramos un boletín cos datos das entidades deportivas, que se enviou ás familias.


martes, 9 de abril de 2019

LIBROS RECOMENDADOS POR NENAS E NENOS DE 3º E 4º
Neste segundo trimestre lector@s de 3º e 4º traen ao noso blog un libro que queren recomendar.

LEIRE (3º), Os contos da avoa. Freiría, G. Ed. Susaeta.
SARAY (3º), El tesoro de hielo. Colección Tea Stilton. Destino.
ALDARA (3º), Disney's Magic English. Planeta.
NOA (4º), La profesora espeluznante. Colección Escuela de vampiros. Peter Bently. RBA.
RAÚL (4º), Función terrorífica Colección Escuela de vampiros. Peter Bently. RBA.
PAULA (4º), Espantallo amigo. Xosé Neira Vilas. Galaxia.

jueves, 4 de abril de 2019

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA
O luns 1 de abril visitou esta escritora galega a nosa biblioteca. Como xa sabedes por entradas anteriores, o alumnado de 3º a 6º de primaria lera nas aulas algúns dos seus libros e tamén completaran as actividades dos minilibros.
Durante as dúas sesión nas que se levou a cabo o encontro, charlou cos nenos e nenas sobre os personaxes, as aventuras que viven e outros detalles dos seus libros.