martes, 26 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA NA RADIO
Para celebrar o Día da poesía, o 21 de marzo, todos os grupos de infantil e primaria gravaron poemas que emitimos nun programa especial de radio o venres 22. Aquí podedes escoitar os poemas.

lunes, 25 de marzo de 2019

FROITOS DE PRIMAVERA
O alumnado de 3º e 4º de primaria foi o encargado de preparar a exposición dos froitos de primavera. Son cadros feitos con distintas técnicas: plastilina, ceras, xices, fotografías e temperas.
 
 



miércoles, 20 de marzo de 2019

SAÍDAS 2º TRIMESTRE
Estas son as saídas que se fixeron no segundo trimestre relacionadas coa temática do noso proxecto "A saúde é a nosa meta".

Visita a un supermercado polo alumnado de infantil. Para coñecer as seccións do supermercado, os alimentos...


Visita a Hifas da Terra, empresa adicada a producción de setas para consumo humano e fungos medicinais. Coñeceron diferentes tipos de setas, como se cultivan, que coidados precisan, como se alimentan... Participaron nun obradoiro de cultivo de setas en sacos de plástico que trouxemos para o colexio para observar a súa evolución. 




Os nenos e nenas de 2º de primaria asistiron a conferencia "Aventúrate con Martín de la Puente" do programa ABANCA Deporte Base. Fixeran na aula un traballo sobre este deportista vigués, campión de España e tricampión do mundo de tenis en cadeira de rodas.

miércoles, 13 de marzo de 2019

ALIMENTACIÓN SAUDABLE
A través de Faro da Escola a empresa Vegalsa-Eroski levou a cabo no centro unha actividade sobre alimentación saudable, "Come rico, vive san". Participaron os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º. Como parte desta actividade, cada un deles elaborou unha filloa rechea salgada.


viernes, 8 de marzo de 2019

BAÚL DE NOVIDADES 2019
Nestes días chegaron ás aulas as novidades de lectura da nosa biblioteca.
Unha vez que estean uns días nas aulas pasarán á biblioteca e poderán ser levados en empréstito.



jueves, 7 de marzo de 2019

UN ENTROIDO DE ALIMENTOS E DEPORTE
No noso Entroido... alimentos e deporte para todos! xa que este curso estamos aprendendo moitas cousas sobre alimentación e actividade física.
Houbo: cociñeiros e cociñeiras, ensaladas, hortalizas, ovos, moita froita e para facer deporte, piragüistas. Todo moi saudable.