domingo, 24 de febrero de 2019

ENTROIDO 2019
Xa está aqui o Entroido unha vez máis e, como sempre, o noso amigo o Meco chega coas súas ordes para compartir connosco esta festa.
Comezamos coa primeira orde o luns 25 e logo seguiremos o resto da semana.
Feliz Entroido!

sábado, 23 de febrero de 2019

MINILIBRIÑOS DE IAGO LÓPEZ
Xa temos os minilibros de dúas obras deste escritor que van ler nas aulas de 1º e 2º de primaria, son: O cociñeiro Martiño e O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.
Iago López visitará o noso cole no mes de abril.


viernes, 22 de febrero de 2019

MINILIBRIÑOS DE TERESA GONZÁLEZ COSTA
Como xa comentamos nunha entrada anterior, este curso visitará o noso colexio a escritora Teresa González Costa. 
Os nenos e nenas de 5º e 6º están a ler dúas das súas obras: A filla de ladrón de bicicletas e A noite das bicicletas. En 3º e 4º de primaria, Fred Quincalla o nómade do mar.
Aquí tedes os minilibros sobre cada unha desas obras.



miércoles, 20 de febrero de 2019

VISITA DO ESCRITOR XAVIER ESTÉVEZ
A visita do escritor Xavier Estévez está incluída na actividade Faro da Escola, organizada por Faro de Vigo e na que participamos por segundo ano.
O 18 de febreiro este escritor charlou sobre a súa obra con alumnado de 5º e 6º que previamente lerán nas aulas o libro "Avións de papel".



viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ
Unha das actividades que fixemos no colexio para o Día da Paz foi a confección dun mural con "saborosas" receitas de bos sentimentos
Este curso, máis que nunca, A saúde é a nosa meta e aprendemos quee para estar sans hai que coidar a alimentación, facer exercicio físico e ter sentimentos e actitudes positivas.