jueves, 19 de diciembre de 2019

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURAS DE NADAL 2019


martes, 17 de diciembre de 2019

ACTIVIDADES DOS PROXECTOS SOBRE O CINE NAS AULAS
Rematado este primeiro trimestre deixámosvos unhas imaxes das actividades e traballos relacionados co proxecto sobre o cine que estamos a desenvolver neste curso.

5º de Primaria: O cine mudo
 
3º de Primaria: personaxes da película de animación Abominable


Memory elaborado cos debuxos dos personaxes feitos polo alumnado.
1º de Primaria: os superheroes no cine
 Educación Infantil: O cine de animación


Ademaís no corredor de Educación Infantil teñen o seu PASEO DA FAMA: con estrelas cos nomes de todas as nenas e nenos, oscars e carteis de cine.


domingo, 15 de diciembre de 2019

LECTOR@S DE 5º E 6º ACONSELLAN...
Alumnado de 5º e 6º aconsella a lectura dalgúns dos libros da nosa biblioteca que máis lles gustaron. 

Asier: Diario de Greg 8, Jeff Kinney.
Noelia: Malala, Raphaëlle Frier. 
Iago: Reportero Doc, V.V.A.A.
Paula: Ruedas y el enigma del Campamento Moco Tendido, Guillermo Fesser.
Raúl: El castillo de las 100 historias, Gerónimo Stilton.
NoaEl monstruo goloso, James Preller.

SAÍDAS RELACIONADAS CO PROXECTO. 1º TRIMESTRE
Neste 1º trimestre alumnado de 4º, 5º e 6º asistiu á actividade organizada pola Universidade de Vigo XXIX Semana de Cine Submarino, no Teatro Afundación.

O venres 13 de decembro todos os nenos e nenas do colexio fomos ao cine a ver a película de animación Abominable. 



miércoles, 27 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para reflexionar e tomar conciencia da importancia da superación de estereotipos sexistas e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres; fixemos unha selección de libros da nosa biblioteca para ler nas aulas. 
Cada grupo preparou un lazo con frases ou palabras, froito da reflexión, que se expuseron na entrada de cada aula.




jueves, 31 de octubre de 2019

AS NOSAS PELÍCULAS PREFERIDAS
Todo o alumnado achegou os títulos das súas películas preferidas e buscaron en internet os carteis. Aqui tedes o mural coas películas que máis gustaron aos nenos e nenas do colexio.


martes, 29 de octubre de 2019

24 OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Este ano para celebrar o Día da Biblioteca visitamos a biblioteca do noso cole porque hai algunhas novidades: cambiuse a distribución dos espazos e mercáronse materiais para unha biblioteca creativa. Todo isto aparece explicado no folleto adxunto:



Ademáis vimos unha presentación de introducción ao noso proxecto deste ano, Un curso de cine. Coñecemos e vimos en funcionamento algúns xoguetes ópticos anteriores ao cine: un fenaquistiscopio, un zootropo, un folioscopio. Coñecemos o kinetoscopio patentado por Edison e o cinematógrafo dos irmáns Lumiere. Incluso vimos algunhas das películas que eles filmaron co seu extraordinario invento. Aqui vos deixamos a presentación:





domingo, 27 de octubre de 2019

AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Xa temos os equipos de axudantes de biblioteca para este curso escolar. O alumnado de 6º xa empezou a colaborar nos recreos realizando os empréstitos, ordenando os libros, asesorando aos máis pequenos... Moitas gracias a todos eles pola súa axuda!
 

domingo, 20 de octubre de 2019

MOCHLAS VIAXEIRAS
Nestes días saíron as primeiras mochilas viaxeiras e próximamente as mochilas viaxeiras de todos os cursos estarán viaxando ás casas de todos os nenos e nenas do colexio. Esperamos que vos gusten!


domingo, 15 de septiembre de 2019

PROXECTO DE BIBLIOTECA 2019-20
Xa temos deseñado o cartel para o proxecto de biblioteca deste curso. O título é "Un curso de cine" e nel vemos a Xaquín caracterizado como director de cine. Que vos parece?

viernes, 21 de junio de 2019

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN




miércoles, 12 de junio de 2019

FIN DO PROXECTO "A SAÚDE É A NOSA META". 
A PIRÁMIDE DA VIDA SAUDABLE
Como actividade de peche do noso proxecto de biblioteca deste curso, o venres día 10, invitamos ás familias a ver unha representación dunha pirámide de vida saudable. Colaboraron todos os nenos e nenas do colexio. 
A pirámide tiña tres cores. Na base, de cor verde, os alimentos que debemos tomara a diario. No centro, de cor laranxa, os alimentos que hai que comer de 3 a 5 veces á semana. Na parte superior, de cor vermella, os alimentos que hai que tomar poucas veces á semana ou ocasionalmente.
Os nenos e nenas explicaron cales eran os alimentos que correspondían a cada zona e falaron das súas características nutricionais.
Tamén houbo unha representación das actividades físicas que debemos realizar para ter unha boa saúde.
Finalmente o alumnado de 6º, que traballou sobre a alimentación ecolóxica, fixo unha demostración do funcionamento dun forno solar.
Aquí tedes unha selección de fotos desta xornada, que esperamos fose interesante para todas as familias que se achegaron ao colexio.










miércoles, 5 de junio de 2019

NENAS DE 1º E 2º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Estas seis nenas son o alumnado de 1º e 2º que máis libros levou emprestado da nosa biblioteca durante este curso. Recomendan os libros que máis lles gustaron.

Nerea, Carolina e Valeria de 1º curso recomendan:

- Roro el rugidos, David Belford.
- Abezoo, Carlos Reviejo.
- Garfield & cia, Jim Davis.

Ana, Seila e Marea de 2º curso recomendan: 

- O conto dos silencios, Silvia Pazos.
- La vuelta al mundo de Mouk, Marc Boutavant.
- Caballos, V.V.A.A.

jueves, 23 de mayo de 2019

TRABALLOS DOS PROXECTOS DOS CURSOS
Durante este curso estes foron os proxectos que traballaron nos diferentes grupos, todos eles relacionados co proxecto de centro, "A saúde é a nosa meta".

Educación infantil: as froitas
1º de primaria: os cereais
2º de primaria: a alimentación dos deportistas
3º de primaria: a cenoria
4º de primaria: os lácteos
5º e 6º de primaria: a alimentación ecolóxica

Aquí tedes imaxes dalgúns dos traballos realizados:

 
 
 
 
 
 

lunes, 20 de mayo de 2019

A HORTA DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de infantil ten unha horta no seu patio. Estes días prepararon a terra e plantaron leitugas rizas e de folla de roble, pementos celtas e porros. Todos son alimentos moi axeitados para unha alimentación saudable. Agora teñen que regar e esperar a que crezan. Seguro van ter unha boa colleita!



domingo, 12 de mayo de 2019

 SAÍDAS 3º TRIMESTRE

O venres 5 de abril alumnado de 1º, 2º e 3º aisitiu no Teatro Afundación ao espectáculo Eu cociño, ti cocinas?
É unha obra músico- teatral do grupo Mamá Cabra que aborda de forma lúdica a alimentación saudable, tratando distintos aspectos curriculares relacionados con esta temática.

Timoteo cambiou o seu quiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saludable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor...  viaxes de papar e xogar, aventuras de
piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos.

O día 10 de maio o alumnado de infantil visitou o Museo ANFACO da Industria Conserveira para aprender que son as conservas, como se traballa nestas fábricas e observar diferencias entre a tecnoloxía neste traballo antes (a principios de século XX) e na actualidade.