viernes, 23 de marzo de 2018

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURA  SEGUNDO TRIMESTRE

jueves, 22 de marzo de 2018

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 
TENDEDEIROS DE POEMAS
O día 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía. No colexio, entre todos, preparamos uns tendedeiros de poemas que están expostos na biblioteca. 
Agora a nosa biblioteca está chea de poemas escritos en camisetas moi ben decoradas por todos os nenos e nenas. Ademáis tamén recitamos poesías, porque ler poemas é algo que gusta moito no noso cole.
Aquí tedes fotos do cartel que convocaba a actividade, dos tendedeiros de poemas e de nenos e nenas recitando.
 























martes, 20 de marzo de 2018

LECTORES/AS DE 3º e 4º RECOMENDAN...
Neste segundo trimestre traemos ao noso blog as recomendacións de lecturas da nosa biblioteca por parte de alumnado de terceiro e cuarto.

Paula Otero de 3º recoméndanos: Sementes de Papel de Bea Gil.
"A protagonista é moi creativa, fai animais de papel para por nun bosque que ardera".

Lucas de 3ª aconséllanos ler os libros da colección Yo observo, SM.
"Teñen unha lupa para observar os animais. Aprendes datos interesantes".

Mauro de 3ª recomenda ler algún libro da colección Futbolísimos de Roberto Santiago.
"Gústanme porque me gusta o fútbol, ocorren cousas divertidas e meten moitos goles".

Nuria de 4ª recoméndanos A historia de Erika de Ruth Vander Zee.
"Trata da guerra, dunha nena á que os seus pais tiran desde un tren para salvala".

Paula Machado de 4ª propónnos ler Ottolina y la gata amarilla de Chris Riddell.
"Os protagonistas son Ottolina, unha gata e un amigo peludo".

Sara de 4ª recomenda un libro da colección Leila Blue, Las libélulas adiamantinas.
"A protagonista é unha bruxa boa. Ten que rescatar á súa nai secuestrada por unha bruxa malvada".

domingo, 18 de marzo de 2018

MINILIBRIÑOS CON ACTIVIDADES SOBRE LIBROS DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Durante este segundo trimestre en todas as aulas de primaria lemos libros de Antonio García Teijeiro. Cada nivel completou o seu minilibriño con actividades sobre o libro lido. Hai actividades de debuxar, crear poemas, completar encrucillados...
Aprendemos moito e xa estamos desexando que veña de visita a nosa biblioteca.