domingo, 25 de junio de 2017

BOLETÍN E GUÍA DE LECTURA DO 3º TRIMESTRE
Aqui tedes o boletín coas actividades do terceiro trimestre e a guía de recomendacións lectoras para o verán.

MÁIS LECTORES/AS DO CURSO 2016-17
Xa temos a lista dos/as nenos e nenas que neste curso levaron emprestados máis libros da nosa biblioteca. Noraboa a todos eles!
E agora que estades de vacacións animádevos e buscade a compaña dalgún libro: de aventuras, sobre un tema que vos guste, de banda deseñada, de humor... hai moitos libros que che poden interesar.
Le e disfruta!

lunes, 19 de junio de 2017

TEMA DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2017-2018
Para elexir o tema do noso proxecto de biblioteca para o curso próximo organizamos unhas votacións nas que participaron todos os nenos e nenas do colexio (agás sexto de primaria, que non serán alumnado deste centro o vindeiro curso).
O equipo de biblioteca preparou uns vídeos sobre os temas propostos polo alumnado e profesorado: os deportes, os animais, o cine e os alimentos.
O día das eleccións, na biblioteca, viron os vídeos e logo marcaron nunha papeleta o seu tema favorito e o depositaron nunha furna.
O tema que resultou elexido foiOS ANIMAIS

  

miércoles, 14 de junio de 2017

NENOS E NENAS DE 1º e 2º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Saray (1º curso) recomenda Tento e mailo oso de peluche de Ricardo Alcántara. "Ten debuxos bonitos e me gustan os cans".

Antía (1º curso) recomenda os libros da colección Sito Kesito de Dav Pilkey. "Gústame cando pelexan e os fliporamas".

Ana Lía (2º curso) recoméndanos La vuelta al mundo de Mouk de Marc Boutavant. "Porque é de aventuras e me gusta viaxar".

Elena (2º curso) recomenda La biblioteca de Basora de Jeanette Winter. "Porque trata de una biblioteca e libros".

Lucas (2º curso) recoméndanos 365 pingüinos de Jean Luc Fromental. "Gustame como van chegando os pingüinos á casa".

Lucía (1º curso) recomenda Polar bear de Eric Carle. "Porque aprendes inglés e ten uns debuxos moi bonitos".