viernes, 23 de diciembre de 2016

ALUMNADO DE 5º e 6º RECOMENDA LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA

Nicolás Pérez de 5º recomenda Brujas y hechizos de Bejamín Lacombe. É moi chulo e mola a maxia.
Ariadna Martínez de 5º recoméndanos un libro da colección El secreto mágico de Katie Kazoo de Nancy Krulik. Gústanme os libros desta colección porque son divertidos.
Pablo Ulla de 5º elexiu un libro da colección Geronimo Stilton; El extreño caso de la noche de Hallowen. Gústame a colección, son libros divertidos.
Andrea Míguez de 6º decidiu recomendarnos Diario de Nikki de Rachel Renee Russell. Encántame porque trata sobre unha nena que escribe o seu diario e conta todas as cousas malas, graciosas... que lle suceden a diario. Ademais suxiro que se merquen máis libros desta colección.
Marta Rodríguez de 6º  recomenda Mari Pepa y el Club de los Pirados de Alfredo Gómez Cerda. Gustoume porque fala da discriminación e é un tema do que agora se fala moito; neste libro resolven o seu problema.
Uxía Ricón de 6º recoméndanos La increíble histora del chico del millón de David Williams. Paréceme moi divertido pero tamén ensina que o diñeiro non o é todo.



jueves, 22 de diciembre de 2016

BOLETÍN INFORMATIVO E GUIA DE LECTURA DO 1º TRIMESTRE



sábado, 19 de noviembre de 2016


miércoles, 2 de noviembre de 2016




viernes, 28 de octubre de 2016

O SAMAÍN E OS CONTOS DE MEDO
O venres 28 de outubro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º contamos aos compañeiros e compañeiras de primaria os contos de medo que escribimos para a ocasión. 
O escenario estaba cheo de cabazas e teas de araña, houbo nenos e nenas disfrazados e mesmo contos con efectos especiais... 






miércoles, 26 de octubre de 2016

CONTAPINTACONTOS CON OLALLA E MARC
O mércores, día 26, tivemos a sorte de asisitir na nosa biblioteca a unha sesión de contacontos moi especial. A profesora Olalla González contounos algúns contos que ía ilustrando Marc Taeger (ilustrador dalgúns contos infantís da editorial Kalandraka). Mesmo houbo  contos as escuras ilustrados con pinturas que se podían ver na escuridade. Foi moi interesante!

viernes, 21 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXERAS
Xa empezaron a circular polas casas dos nosos alumnos e alumnas as mochilas viaxeiras. Como todos os anos procuramos que haxa novidades e libros interesantes. Disfrutádeas e sede puntuais á hora de devolvelas ao colexio.

jueves, 20 de octubre de 2016

HISTORIA DA BIBLIOTECA
Coa chegada do Día Internacional da Biblioteca (24 de outubro) deixamosvos un vídeo sobre as bibliotecas ao longo das distintas épocas da historia.

lunes, 17 de octubre de 2016

PROXECTO DE BIBLIOTECA: 
AS IDADES DA HISTORIA
Este foi o tema elexido para o curso 2016-17. Para aprender sobre as etapas da historia faremos moitas actividades das que teredes noticia neste blog. Ademais cada curso vai traballar no seu propio proxecto con actividades de investigación, visitas, lecturas...
En educación Infantil: A Prehistoria
En 1º e 2º: A Idade Media
En 3º e 4º: A Idade Antiga
En 5º e 6º: A Idade Contemporánea.


viernes, 17 de junio de 2016

NENOS E NENAS MÁIS LECTOR@S DO CURSO 2015-16
Puxemos a funcionar o noso programa de biblioteca e descubrimos que os nen@s que máis libros levaron emprestados á súa casa neste curso que remata foron:
Lucas de 1º                 Paula de 2º
Uxía de 3º                   Verónica de 4º
Andrea M. de 5º          Germán de 6º

Noraboa a todos eles por ser uns bos lectores e ánimo a tod@s para que elixades neste verán a compañía dalgún libro que vos resulte interesante e vos faga disfrutar de bos momentos. 

jueves, 9 de junio de 2016

BOLETÍN DE ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE E GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN
A guía con suxerencias de lectura para o verán foi elaborada conxuntamente polas bibliotecas de Redondela.


miércoles, 8 de junio de 2016

LECTOR@S DE 1º E 2º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA



Ana Lía (1º)
Josefina no puede dormir. Alexander Steffensmeier. Anaya.

Gustanme os libros da vaca Josefina porque fai cousas como xogar ao escondite.










Lucas (1º)
Colección Sito Kesito. Dav Pilkey. SM.

Son de aventuras e moi divertidos. Ademais os libros teñen fliporamas, se moves a páxina parece que a imaxe se move.











Marta (1º)
Cuando soy amable. Trace Moroney. SM

Gústame ler libros sobre sentimentos. Os debuxos son moi bonitos.














Noelia (2º)
Colección Junie B Jones. Barbara Park. Bruño.

A protagonista é unha nena moi divertida. Xoga coas súas amigas facendo que son cabalos.








Paula (2º)
Colección Kika Superbruxa. Knister. Bruño.

Son libros divertidos, ás veces ensinan cousas. A protagonista é Kika, te un irmán que se chama Dani. Kika pode facer maxia consultando un libro que era da bruxa Elvira.







Antía (2º)
El magnífico plan de lobo. Melanie Willianson. Edelvives.

É divertido como as ovellas conseguen enganar ao lobo. un conto no que aínda que o lobo parece máis grande e forte, as ovellas son máis listas. Demostra a importancia da intelixencia.







miércoles, 18 de mayo de 2016

TEATRO LIDO
Os días 16 e 18 de maio celebramos no cole as xornadas de Teatro lido.
Todos os grupos de primaria prepararan nas aulas obras de teatro para ler aos compañeir@s con boa pronunciación e entonación. Tod@s participaron. Esta é unha actividade organizada polo equipo de dinamización da lingua galega para a semana das Letras Galegas.
Aqui tedes o título das obras e unhas fotos.

  • 1º de primaria: O traxe novo do emperador.
  • 2º de primaria: Rosiña, a ratiña sordiña.
  • 3º de primaria: A ratiña feroz.
  • 4º de primaria: A noite das mudanzas.
  • 5º de primaria: O parrulo feo.
  • 6º de primaria: A avoa.




VISITAS DE ESCRITORES
Este luns 16 de maio recibimos, na nosa biblioteca, as visitas de Xosé Manuel González (Oli) e Alicia Borrás Sanjurjo.

Oli charlou c@s nen@s de 1º e 2º sobre os libros: Anibal quere encoller e Leocadio, o león. Tamén leu contos que traía no seu maletín e mesmo nos dixo que contos o animaron a ser escritor.


Alicia Borrás charlou co alumnado de 5º e 6º sobre os libros Nata y Chocolate e Nata y Chocolate invencibles e tamén sobre o importante que é ser persoas respetuosas cos demais.

martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO 2016
Este venres 22 de abril, para celebrar no cole o Día do Libro fixemos a actividade dos apadriñamentos lectores. Nenos e nenas maiores len un conto, por eles/as escollido, a un neno/a pequeno.
Rematada a lectura fixeron xuntos unha manualidade relacionada co noso proxecto deste curso Contos e lendas. Puxeron a súa cara a un personaxe de conto: Carapuchiña, Pulgarcito, Pinocho, Brancaneves, Aladino... había moitos para elexir. Aqui tedes unhas fotos destas dúas actividades.

 



jueves, 14 de abril de 2016

A MÁSCARA DO LEÓN
Nenos e nenas de infantil cos seus profesor@s presentaron a tod@s @s compañeir@s do colexio unha preciosa cutametraxe que fixeron sobre o libro A máscara do león, escrito por Margarita del Mazo e publicado pola editorial OQO
A película foi elaborada para participar no programa "Nós tamén creamos!" do Plan Proxecta. Este programa é unha inicitiva da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que pretende fomentar a lingua galega a través da creatividade e a incorporación das novas tecnoloxías nas aulas, creando curtametraxes en galego.
A editorial OQO, colaboradora do programa, donou a nosa biblioteca unha colección de contos en galego.


martes, 5 de abril de 2016

II XORNADA DE CONTOS
Martes, 5 de abril celebramos a segunda xornada de contos.

1º de primaria: Os tres porquiños
6º de primaria: Rapunzel
5º de Primaria: A ratiña presumida
















viernes, 1 de abril de 2016

XORNADA DE CONTOS
Este venres día 1 de abril, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, celebramos a nosa I XORNADA DE CONTOS. Os/as nenos e nenas de 2º, 3º, e 4º foron os protagonistas deste día. Aquí tendes o programa e unhas fotos.

            4º de Primaria: Los músicos de Bremen
            2º de Primaria: Carapuchiña
            3º de Primaria: O gato con botas










































viernes, 18 de marzo de 2016

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURAS DO 2º TRIMESTRE
Aquí tedes o boletín e a guía deste segundo trimestre.





21 de marzo, Día Mundial da Poesía
Durate o mes de marzo lemos poemas. Temos unha exposición de libros de poesía na nosa biblioteca e polas aulas de primaria circulou unha selección de poesía en empréstito da biblioteca municipal. Grazas por esta colaboración.
Ademais, hoxe venres, tod@s recitamos poemas na biblioteca do noso cole.