jueves, 19 de diciembre de 2013

Boletín e guía do 1º trimestre

Aquí tedes o boletín coas actividades do 1º trimestre e a guía de recomendacións lectoras para o Nadal.




miércoles, 18 de diciembre de 2013

ALUMNADO DE 2º CICLO VISITOU O MUSEO MEIRANDE
O mércores día 27 de novembro nenos e nenas de 3º e 4º visitaron este museo, recentemente inaugurado, que está situado na ensenada de San Simón, na vella fábrica de salazón "Fábrica do Alemán". 
A través das explicacións da guía, os restos arqueolóxicos, reproduccións, paneis informativos..os nenos e nenas aprenderon sobre a Batalla de Rande (1702). Tamén sobre a historia da fábrica de salazón e os recursos pesqueiros desta zona da nosa ría.

martes, 5 de noviembre de 2013

         ARREDOR DE REDONDELA
 
Este é o título do noso proxecto de biblioteca para este curso.

Levaremos a cabo actividades para coñecer mellor o noso concello: visitas, roteiros por Redondela, traballos de investigación, estudo de planos, exposicións...

Tamén traballaremos  as nosas festas, tradicións, persoeiros...
 
 



miércoles, 30 de octubre de 2013

DIA DA BIBLIOTECA
 

Para conmemorar o Día da Biblioteca en todos os colexios de Redondela limos o libro 365 pingüinos. É unha divertida historia con mensaxe ecoloxista que tamén serviu para por en práctica os nosos coñecementos matemáticos.
 


miércoles, 26 de junio de 2013

martes, 25 de junio de 2013

lunes, 20 de mayo de 2013

FESTA DOS MAIOS
O pasado día 30 de abril todo o alumnado de primaria colaborou na construcción dun maio. Primeiro colocamos o fiuncho e logo os adorno feitos con pampullo, ovos e laranxas. Este ano puxémoslle coroa. Todos os grupos, ata os pequenos de infantil, prepararan coplas que cantaron arredor do maio.
Nestes videos podedes ver o noso maio e escoitar uns fragmentos das coplas.





LETRAS GALEGAS 2013
A semana pasada levamos a cabo no noso colexio diversas actividades para conmemorar as Letras Galegas. Aqui tendes un vídeo que recolle as actividades dos diferentes días.

martes, 14 de mayo de 2013

O alumnado de primaria coñecimos a Jacobo Fdez., autor ou ilustrador dos libros que limos neste trimestre.
GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO O TEU TEMPO!!



 

viernes, 3 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013
Este ano a RAG adica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral.
Para axudarnos a coñecer a esta figura do teatro galego deixámovos o enlace da web da Real Academia Galega.
 (http://www.realacademiagalega.org/letras-actual)


E tamén diferentes propostas de actividades da Coordinadora Galega de ENDL

http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php 

martes, 30 de abril de 2013

O DÍA 8 DE MAIO VISITARANOS...
Jacobo Fernández Serrano, ilustrador, pintor, debuxante, escritor.
Como autor de literatura infantil publicou: A gardería de dona Bixelmina, A pedra e as formigas, Mil cousas poden pasar (libros I e I), e en banda deseñada é o creador de Marcopola.
É ilustrador dos libros doutros escritores como:  a serie Aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira ou A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa.
Podedes atopar a maioría destes títulos na nosa biblioteca.

Blog do autor:

viernes, 19 de abril de 2013

OS NOSOS EXPERIMENTOS COA AUGA



lunes, 15 de abril de 2013

CONTOS DO MEDIO

     O alumnado do 1º ciclo puido disfrutar desta actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, en colaboración coa Concellaría de Ensino.
     Da man de FAIA Educación Ambiental acercámonos ao noso medio natural: as árbores, a fauna e a flora; a través da nosa lingua. Tamén seguimos con moito interés a historia de Xaime e as landras, da editorial Kalandraka.

 
 

martes, 9 de abril de 2013

Inventores e inventos galegos

martes, 2 de abril de 2013

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2013

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco


lunes, 25 de marzo de 2013

Deíxovos o boletín coas actividades realizadas no segundo trimestre e tamén a guía de libros sobre a auga que temos no centro.
 


jueves, 14 de marzo de 2013

AUGA EN REDONDELA
En colaboración coas familias dos nenos e nenas de 1º elaboramos este album fotográfico con imaxes nas que a protagonista é a auga en diferentes estados e lugares do noso concello.

lunes, 11 de marzo de 2013

FONTES, AUGA, VIDA.
 


jueves, 7 de marzo de 2013

O alumnado de 4º de primaria elexiu os faros para realizar o seu traballo documental relacionado co proxecto da auga.
 
Estudaron as súas partes
Buscaron información dos principais faros galegos.
 Como remate fixeron este mural que podemos ver nos corredores do colexio.





lunes, 25 de febrero de 2013

A que sabe a lúa?

Ademais de aprender moitas cousas sobre o Sistema Solar tamén nos divertimos con esta fermosa historia que nos narrou a profe Mónica.


jueves, 21 de febrero de 2013

24 de febreiro DÍA DE ROSALIA

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos, que foi o primeiro libro escrito integramente na nosa lingua.

Para aprender máis sobre a súa vida e obra propoñemos esta presentación de SOÑOS DE ANDEL




 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

E para xogar e seguir aprendendo, aquí tendes este LIM elaborado polo equipo de biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda. 




XOGANDO CON ROSALÍA




viernes, 8 de febrero de 2013

domingo, 3 de febrero de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO

A semana que entra celebramos o entroido no cole.
Como en anos anteriores deíxovos as ordes para disfrazar ao noso MECO.
Recordade que cada día traeremos a prenda nova xunto coa anterior.

sábado, 2 de febrero de 2013

30 de XANEIRO- DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

   Seguindo o proxecto da biblioteca, deixamos constancia da nosa idea de Paz nunha gota de auga que despois pegamos por cursos sobre o mural rotulado co texto Gotas diferentes pero gotas todas iguales como indicaba a canción Mensajes del agua de Macaco que cantamos para rematar o acto.

martes, 15 de enero de 2013

  1. PREPARÁMONOS PARA "A PAZ"
Ante a proximidade do 30 de xaneiro deixovos varios enlaces para que poidades escoitar ou ler preciosas historias sobre a temática da PAZ.
 
ME LLAMO PAZ . Ann Obiols
ADIVINA CUANTO TE QUIERO . Sam Mc Bratney    

EL LIBRO DE LA PAZ . Todd Parr
O PAÍS DOS MANDÓNS . Paloma Rguez e Cristina Justo
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO . Leo LionniNEGROS E BRANCOS . David McKee








 
C.E.I.P.  Victor Saenz (Mazaricos)
 
 
 



miércoles, 2 de enero de 2013

Como aforrar auga ?

  Esta foi a pregunta que se lle plantexou aos alumn@s de sexto e que eles respostaron con pequenos folletos semellantes a este.