martes, 25 de diciembre de 2012

Deíxovos o boletín coas actividades realizadas neste primeiro trimestre e tamén as propostas lectoras para este nadal.
 

lunes, 17 de diciembre de 2012

Neste primeiro trimestre introducímonos no tenebroso mundo destes seres nocturnos.
 
 
 



miércoles, 12 de diciembre de 2012

PARA ESTE NADAL...
CONTOS DO APALPADOR
                                          

Antón e o Apalpador e O Apalpador e a castaña máxica  son dous fermosos contos sobre este persoeiro tradicional do Nadal que temos na biblioteca do noso colexio.
O Apalpador é un vello carboeiro que polo Nadal baixa das montañas a visitar aos nenos, tócalles no ventre para ver se comeron dabondo durante todo o ano, déixalles como agasallo unhas castañas e deséxalles un novo ano cheo de felicidade.




Este conto está na nosa biblioteca.













 Fai clic aqui para ver e ler o conto.











Outro conto máis sobre o Apalpador.
Fai clic aquí e poderás lelo.







   Podes seguir aprendendo máis cousas sobre este personaxe e divertíndote  facendo as seguintes actividades:
 
LIM do CEIP de Arzúa (1º ciclo e Educación infantil)
 
 



sábado, 8 de diciembre de 2012


No noso recuncho temático podedes atopar todo tipo de libros sobre o tema da auga: contos, poesías, libros informativos,  propostas de experimentos, ...
Ven á biblioteca e bótalle unha ollada.

jueves, 29 de noviembre de 2012

 
O alumnado de 6º de primaria realizou este fermoso mural con ditos populares relacionados coa auga.
 




miércoles, 7 de noviembre de 2012



viernes, 26 de octubre de 2012

24 de outubro: Día da biblioteca
 
Durante esta semana visitamos a biblioteca e realizamos actividades de formación de usuarios para saber desenvolvernos mellor nela.
Tamén creamos e ilustramos frases que  animan a ler. Aquí podedes observar como quedaron na nosa biblioteca.
 


domingo, 14 de octubre de 2012

"A auga fonte de vida"

Xa temos o título do noso proxecto para este curso.
Para  comezar podedes visualizar este fermoso video.

 

viernes, 8 de junio de 2012

Boletín informativo das actividades levadas a cabo dende a biblioteca do centro.

Esta é a guía de lectura, elaborada polas bibliotecas escolares e municipais do noso concello.

Un verán de aventura...
                                      coa lectura

viernes, 25 de mayo de 2012

II Feira de troco do libro usado

¡Todo un éxito entre o alumnado!



Letras Galegas 2012

Valentín Paz Andrade.

Xornalista, avogado, poeta, escritor, empresario; pero sobre todo galeguista.

lunes, 21 de mayo de 2012

¡Non vos esquezades! 

Mañán temos a II Feira de troco do libro usado.
Os pais e nais podedes vir a escoller o voso libro pola mañá, á hora da saída, ou pola tarde.

domingo, 13 de mayo de 2012

CONCURSO BANDA DESEÑADA
                
Xa temos gañadores do concurso:
Quen vai con quen?


Grazas a todos os que participastes e ...
NORABOA aos gañadores!

lunes, 23 de abril de 2012

Día do libro
Neste día tan especial deíxovos este fermoso libro.

sábado, 14 de abril de 2012

As Bibliotecas Municipais de Redondela están dando a coñecer a Banda Deseñada por todos os coles do concello. Durante o mes de abril  teremos na nosa biblioteca o baúl viaxeiro con libros para pequenos e adultos.
Na carta que vos entregaron @s vos@s fill@s vai a información  sobre esta actividade.

martes, 10 de abril de 2012

Durante este trimestre, en todos os niveis, estivemos realizando distintas actividades e traballos sobre recoñecidos pintores: investigamos sobre a súa vida, coñecimos as súas obras e incluso emulamos o seu traballo.  
Algúns dos traballos realizados están expostos nos corredores do centro.


miércoles, 28 de marzo de 2012

Preparándonos para a Pascua

Xa está preparada a guía de lectura e o boletín coas actividades deste trimestre. O venres os levaredes a casa, en papel.

sábado, 3 de marzo de 2012

Lembranzas

     Aquí vos deixo as entrevistas que elaboramos para que os nosos ex-alumnos recordasen algunhas das lembranzas do seu paso polo colexio. Quedamos agradecidos a todos/as os que atenderon a nosa chamada.

martes, 28 de febrero de 2012

AGORA TÓCALLES AOS MÁIS PEQUENOS

A cesta dos libros de inverno vai rotando polas aulas de infantil.


"Libros que van e veñen"

Neste 2º trimestre iniciamos a actividade coas "bolsas de biblioteca". Cada venres, o alumnado de educación infantil leva un libro para compartir coa familia.

viernes, 17 de febrero de 2012

Martes de antroido, cando has de vir; casquiñas de ovos, case habedes de ruxir.

domingo, 12 de febrero de 2012

MECO 2012

Queridas familias:

Como noutros anos polo tempo do Entroido,
fixéronme o encargo de disfrazar ao noso  ósiños
e ao alumnado do colexio. Estou seguro que xa
teñen ganas de repetir a experiencia.
Tamén esta vez preciso a vosa axuda.
Todos os días vos irei indicando que prenda teñen que
traer posta ao día seguinte os vosos/as fillos/as.
Cada día traerán unha prenda nova, xunto coas
anteriores.
Grazas pola vosa colaboración.


XAQUIN



domingo, 5 de febrero de 2012


Xa podes recomendar aos teus compañeiros os libros que máis che gustan. 

Ven á biblioteca, pide a túa ficha, complétaa e a colocaremos no taboleiro

"25 ANOS MEDRANDO XUNTOS" , TAMÉN NA PAZ