lunes, 21 de marzo de 2011

Pequenos poetas

 @s alumn@s de 2º de primaria recitaron para os seus compañeiros de ciclo un bonito conto rimado que compuso Xosé Cermeño e que foi publicado por Xerais dentro da obra Quéroche contar un conto. O recitado completouse coa proxección de debuxos alusivos a cada estrofa que foron realizados polos propios nen@s.


Os maiores memorizaron e recitaron poemas dos clásicos e dos non tan clásicos. Como eles tamén son grandes poetas demostráronnos con pequenas composicións sobre temas actuais.

jueves, 10 de marzo de 2011

Os libros sempre está aí, tamén no entroido.

lunes, 7 de marzo de 2011

Duendes e ninfas, xoaniñas, aves , árbores, flores, esquíos, lobos e zorros puidéronse ver na tarde do xoves na parroquia de Quintela no desfile de entroido.
Por primeira vez no noso centro, os disfraces confeccionados polo noso alumnado tomaron como tema de referencia o do proxecto da biblioteca para o presente curso escolar, os bosques.